Transposición Didáctica






1.  TRANSPOSICIÓN DIDÁCTICA

ACTIVIDADE 1
Identificar os factores físico-químicos máis importantes do ecosistema, os seus valores aproximados e os instrumentos de medida.

EXERCICIO 1

Mediante a estrutura 1:2:4, en cada grupo recóllense as ideas previas dos alumnos escribindo unha definición de ecosistema e enumerando a maior cantidade posible de factores abióticos do ecosistema.

EXERCICIO  2

En gran grupo, recompilaranse todos os factores abióticos aparecidos nos diferentes grupos. E entre todos descartaranse os que non sexan relevantes para o ecosistema do “Bosque do colexio”. Quedarémonos cun conxunto de factores para traballar todos os grupos.

EXERCICIO 3

Por grupos, propoñer valores para os factores abióticos máis relevantes seleccionados.

EXERCICIO  4

Por grupos, procura en internet (en webs de meteoroloxía) dos procedementos adecuados para medir os factores temperatura e humidade. E realizar medidas dos valores de temperatura e humidade no bosque do colexio.

EXERCICIO  5

Contrastar os datos obtidos de temperatura e humidade coa consulta na web www.meteogalicia.es, comprobando tamén que outros factores son medidos polas estacións meteorolóxicas, as unidades que se empregan, e a forma de amosar a información.





Comentarios

Entradas populares de este blog

Concreción Curricular

Identificación da tarefa