Entradas populares de este blog
Transposición Didáctica
1. TRANSPOSICIÓN DIDÁCTICA ACTIVIDADE 1 Identificar os factores físico-químicos máis importantes do ecosistema, os seus valores aproximados e os instrumentos de medida. EXERCICIO 1 Mediante a estrutura 1:2:4, en cada grupo recóllense as ideas previas dos alumnos escribindo unha definición de ecosistema e enumerando a maior cantidade posible de factores abióticos do ecosistema. EXERCICIO 2 En gran grupo, recompilaranse todos os factores abióticos aparecidos nos diferentes grupos. E entre todos descartaranse os que non sexan relevantes para o ecosistema do “Bosque do colexio”. Quedarémonos cun conxunto de factores para traballar todos os grupos. EXERCICIO 3 Por grupos, propoñer valores para os factores abióticos máis relevantes seleccionados. EXERCICIO 4 ...
Parada de 3 minutos
Un dos obxectivos da formación en Técnicas de Aprendizaxe Cooperativo e coñecer e dominar procedementos cos que poder realizar un cambio metodolóxico na escola. Tanto coñecendo estas ferramentas cmo non coñecéndoas, unha das cuestións de fondo é se é posible facer o cambio metodolóxico, se merece a pena facelo, se ten vantaxes... Aproveitando a estrutura cooperativa simple "Parada de 3 minutos", refexionamos dentro do grupo as seguntes cuestións relacionadas coa formación que estamos a facer: ¿Que entendo? ¿Que me pregunto? Despois de expoñer as diferentes ideas, debatilas... chegamos dentro do grupo a unhas conclusións a estas preguntas, que son recollidas nun documento común (unha presentación compartida en Docs), no que cada equipo ten o esu espazo. O noso produto é o seguinte:

Comentarios
Publicar un comentario