Lista de Pros e Contras




Lista de Pros e Contras  cara o cambio metololóxico

            Posiblemente todas as reflexións están contaminadas pola sensación de seguridade que nos proporciona o método tradicional; levamos anos con el e danos seguridade, é a nosa zona de “confort”. Os cambios supoñen preparación (das tecnoloxías, das técnicas…), inseguridades, e persoalmente teño a certeza de que os alumnos son un “material” demasiado sensible como para facer probas e experimentos, ou polo menos en secundaria, naquelas materias que sabemos que serán piares ou bases de futuras aprendizaxes.
Aínda así, creo necesario un cambio, ou polo menos alternativas para poder aplicar ao longo dun curso e facer da aprendizaxe unha actividade dinámica e non monótona ou demasiado predecible.

 
            Valoración inicial

PROS
CONTRAS

·         Os alumnos séntense partícipes do que van a aprender.
·         Implicar aos alumnos na súa propia aprendizaxe,
·         Traballo con máis motivación

·         Dificultade para formar os grupos.
·         Avance nos contidos máis lento, sendo necesario moito tempo comparando cunha clase “tradicional”.
·         Pode non quedar claro se o importante son os métodos ou os contidos.


            Valoracións finais

PROS
CONTRAS

·         Mellora a motivación ao facer algo diferente.
·         Mellora a autoestima posto que todo o mundo contribúe ao coñecemento dos demais
·         Asimilan mellor os contidos porque o método lles obriga a traballalos de forma autónoma.

·         Dificultade na planificación, sobre todo na temporalización das sesión.
·         Dificultade para facer unha avaliación individualizada en proxectos con un único produto final

Comentarios

Entradas populares de este blog

Parada de 3 minutos

O bosque do noso colexio