Entradas

O bosque do noso colexio

Imagen
Este blog é o resumo da actividade de formación que ten como finalidade aproximar as Tecnoloxías da Comunicación e Información ás Técnicas de Traballo Cooperativo. A proposta realizada céntrase na materia de Biolocía e xeoloxía e no nivel de 4º da ESO Temos a sorte no colexio de contar dentro do recinto cunha extensión de bosque a que podemos acceder para desenvolver diferentes tarefas académicas ou lúdicas. En bastantes ocasións resulta útil nas materias de ciencias, e para este traballo sobre ecoloxía proporciónanos todo o necesario para traballar. Aqui vos deixo unha imaxe aérea na que se comproba  esta "aula natural":

Índice do Traballo

Imagen
Desenvolvemento do Traballo

Cuestionario KPSI

Imagen
O cuestionario KPSI final é:

Identificación da tarefa

1.   IDENTIFICACIÓN TÍTULO DA TAREFA Os compoñentes do ecosistema ETAPA Secundaria NIVEL 4º ESO ÁREA Bioloxía e Xeoloxía PROFESOR Alberto C. DESCRICIÓN DA TAREFA Crear unha infografía para dar a coñecer os compoñentes físico-químicos, e os seus valores no ecosistema do bosque do colexio XUSTIFICACIÓN DA TAREFA Coa xustificación do Día Internacional do Medioambiente (5 de xuño), dar a coñecer á comunidade educativa as características do medio no que se encontra o colexio, valorando a importancia da actividade humana sobre os ecosistemas. CONTEXTO Escolar

Concreción Curricular

1.   CONCRECIÓN CURRICULAR ACTIVIDADE 1 ESTANDAR 1 INSTRUMENTO DE AVALIACIÓN BX 3.1.1 Identifica o concepto de ecosistema e distingue os seus compoñentes -      Documento final e os previos (feitos na estrutura 1:2:4) por grupo coa definición de “Ecosistema” acordada e a lista de factores abióticos. Este documento realizarase coa ferramenta POPLET ESTANDAR 2 INSTRUMENTO DE AVALIACIÓN BX 3.3.1 Recoñece os factores ambientais que condicionan o desenvolvemento dos seres vivos nun ambiente determinado, e valora a súa importancia na conservación deste -   Observación directa no proceso de selección dos factores relevantes do ecosistema en gran grupo, atendendo aos argumentos para conservar ou descartas cada factor. ESTANDAR 3 INSTRUMENTO DE AVALIACIÓN BX 4.2.1 Utiliza argumentos que xustifiquen as hipó...

Transposición Didáctica

1.   TRANSPOSICIÓN DIDÁCTICA ACTIVIDADE 1 Identificar os factores físico-químicos máis importantes do ecosistema, os seus valores aproximados e os instrumentos de medida. EXERCICIO 1 Mediante a estrutura 1:2:4, en cada grupo recóllense as ideas previas dos alumnos escribindo unha definición de ecosistema e enumerando a maior cantidade posible de factores abióticos do ecosistema. EXERCICIO   2 En gran grupo, recompilaranse todos os factores abióticos aparecidos nos diferentes grupos. E entre todos descartaranse os que non sexan relevantes para o ecosistema do “Bosque do colexio”. Quedarémonos cun conxunto de factores para traballar todos os grupos. EXERCICIO 3 Por grupos, propoñer valores para os factores abióticos máis relevantes seleccionados. EXERCICIO   4 ...